LOMCE: Doga. Borrador Decreto Primaria en Galicia. Curriculo

LOMCE: Doga. Borrador Decreto Primaria en Galicia

Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa

Global Education

Para empezar todo aquel que se quiera descargar la LOMCE que haga click aquí. Y aquí para acceder al DOGA con el curriculo de primaria.

Artículo 4. Currículo

  1. Enténdese por currículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas e etapas educativas.
  2.  O currículo está integrado por: os obxectivos, as competencias, os contidos, os criterios de avaliación, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables e a metodoloxía didáctica.
  3. Aos efectos deste decreto enténdese por:
    1. Obxectivos: referentes relativos aos logros que o alumno debe alcanzar ao rematar o proceso educativo, como resultado das experiencias de ensino-aprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin.
    2. Competencias: capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.
    3. Contidos: conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición de competencias. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos en función das ensinanzas, as etapas educativas ou os programas en que participe o alumnado.
    4. Criterios de avaliación: son o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias; responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina.
    5. Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe, e que concretan o que o alumno debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina; deben ser observables, medibles e avaliables e permitir graduar o rendemento ou logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño de probas estandarizadas e comparables.
    6. Metodoloxía didáctica: conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.
  4. O currículo da Educación Primaria nos centros educativos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia será o que se recolle para as distintas áreas nos anexos I, II e III deste decreto.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s