LOMCE: Doga. Borrador Decreto Primaria en Galicia. Alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo

LOMCE: Doga. Borrador Decreto Primaria en Galicia

Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa

Global Education

Para empezar todo aquel que se quiera descargar la LOMCE que haga click aquí. Y aquí para acceder al DOGA con el curriculo de primaria.

Artículo 16. Alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo

  1. Para que o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, que requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar necesidades educativas especiais, dificultades específicas de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), altas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos e as competencias da etapa, estableceranse as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu progreso axeitado, de conformidade co disposto nos artigos 71 a 79 bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.
  2. Entre as medidas indicadas na epígrafe anterior considéranse as que garantan que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  3. A escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non-discriminación e a igualdade efectiva no acceso e permanencia no sistema educativo.
  4. A identificación e valoración do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, de ser o caso, a intervención educativa derivada desa valoración, realizarase da forma máis temperá posible, nos termos que determine a consellería competente en materia de educación. Os centros educativos deberán adoptar as medidas necesarias para facer realidade esa identificación, valoración e intervención.
  5. Correspóndelle á consellería competente en materia de educación establecer as condicións de accesibilidade ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, os recursos de apoio que favorezan ese acceso e, de ser o caso, os procedementos oportunos cando sexa necesario realizar adaptacións significativas  dos elementos do currículo dese alumnado; adaptacións que se realizarán buscando o máximo desenvolvemento posible das competencias clave e que tomarán como referente para aavaliación continua e a promoción os elementos fixados nas devanditas adaptacións.
  6. Sen prexuízo da permanencia durante un curso máis na etapa, prevista no artigo 20.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, a escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais na etapa de educación primaria nos centros ordinarios poderá prolongarse un ano máis, sempre que iso favoreza a súa integración socioeducativa.
  7. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería competente en materia de educación, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente. Esta flexibilización poderá incluír tanto a impartición de contidos e a adquisición de competencias propias de cursos superiores como a ampliación de contidos e competencias do curso corrente, así como outras medidas.
  8. Os plans de actuación, así como os programas de enriquecemento curricular adecuados ás necesidades do alumnado con altas capacidades intelectuais, que lle corresponde adoptar á consellería competente en materia de educación, permitirán desenvolver ao máximo as capacidades deste alumnado e terán en consideración o seu ritmo e o estilo de aprendizaxe, así como o daquel alumnado especialmente motivado pola aprendizaxe.
  9. A escolarización do alumnado que se incorpora de forma tardía ao sistema educativo, ao que se refire o artigo 78 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, realizarase atendendo as súas circunstancias, os seus coñecementos, a súa idade e o seu historial académico. Quen presente un desfasamento no seu nivel de competencia curricular de máis de dous anos poderá ser escolarizado no curso inferior ao que lle correspondería por idade. No caso de superar ese desfasamento, incorporaranse ao curso correspondente á súa idade.
  10. Para o alumnado que se incorpora de forma tardía ao sistema educativo adoptaranse as medidas de reforzo necesarias que faciliten a súa integración escolar e a recuperación, de ser o caso, do seu desfasamento e que lle permitan continuar con aproveitamento os seus estudos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s